Protesta ante o circo contra a "escravitude" que supón o uso de animais
Por Diego Espiño
"Para un niño es una tarde de diversión, para ellos la esclavitud de toda una vida". Con esta afirmación Gloria Cubas, presidenta da Asociación Os Palleiros, escenifica as causas polas que a organización que representa, xunto a outros colectivos animalistas como PACMA, Igualdade Animal ou Equanimal, organizaron unha serie de concentracións ante a carpa do circo instalada na explanada de Mollabao.
Protestan polo uso de animais nos espectáculos e as condicións ás que están sometidos, "entendemos que están esclavizados, están demasiado tiempo encerrados y eso no es vida".
En contraposición a esta postura, os propios traballadores do circo responderon informando aos asistentes do bo trato que, aseguran, dan tigres, leóns ou elefantes que están ao seu coidado.
Conscientes de que a actividade destes circos é completamente legal, os colectivos en defensa dos animais afirman que intentarán cambiar esta situación polo menos en Pontevedra, seguindo o exemplo doutras cidades españolas, como recoñece Gloria Cubas, "es muy difícil pero hay ciudades como Mallorca que ya lo han hecho, ahora vamos a intentarlo aquí presentando un escrito al Concello".