Un operario da ITV de Ponte Bora, ferido nun accidente laboral
Por Redacción
Un traballador da ITV de ponte Bora resultou ferido nun accidente laboral producido minutos despois das 9:30 horas da mañá deste sábado día 2 de febreiro.
O operario, un home de 49 anos, caeu nun foso nas instalacións da empresa producíndose un forte golpe na cabeza e un corte, tendo que ser trasladado polo 061 ao Hospital Miguel Domínguez de Pontevedra.
Ao lugar desprazáronse, ademais dos efectivos sanitarios, axentes da Policía Nacional, que ao chegar se encontraron ao traballador, que en ningún momento perdeu o coñecemento, dentro do foso tendido boca arriba e cun compañeiro suxeitándolle a cabeza.