Os furanchos de Marín, obrigados a amosar un cartel identificativo
Por Redacción
Os furanchos de Marín terán que exhibir durante a nova tempada un cartel identificativo no que se reflicta que contan cos permisos necesarios e que os distingan como espazos de calidade e de responsabilidade.
Os responsables de furanchos da vila reuníronse coa concelleira de Turismo e Comercio, Cristina Acuña, para planificar a regulación destes establecementos durante os próximos meses.
Os representantes da asociación de furancheiros e viticultores do Morrazo indicaron que teñen previsto formar parte da nova indicación xeográfica protexida.
Pola súa banda, a concelleira sinalou que, cos requisitos que se esixen a través dunha ordenanza municipal a estes loureiros, preténdese dotar de máis valor a esta actividade que conta con numerosos seguidores entre o turismo e que acoden a estes recunchos de estilo "enxebre" para probar os excedentes do viño familiar e degustar unhas tapas.