Cores azuis e amarelas para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down
Por Mónica Patxot
A asociación de axuda a persoas con Síndrome de Down Xuntos decorou diferentes elementos da cidade con motivo da conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down, declarado polas Nacións Unidas en novembro de 2011. Emprégase as cores azul e amarelo como símbolo da trisomía do cromosoma 21 que se traduce nesta síndrome.
Con estas actividades, desde este colectivo quérese visibilizar esta síndrome entre a sociedade. Entre outros edificios, o Concello ou o Pazo Provincial da Deputación víronse adornados con globos azuis e amarelos.
Desde Xuntos queren reivindicar o papel das persoas que conforman este colectivo como cidadáns con dereito a unha vida en igualdade de condicións e oportunidades que o resto da sociedade.