San Patricio presenta a sua exquisitez deste ano
O chef Pepe Solla colabora un ano máis co equipo de rugby pontevedrés Mareantes elaborando unha tapa especial para o evento de San Patricio. Pepe Solla cociñará 300 racións que se servirán ao longo de toda a fin de semana. No mediodía do venres 18 presentouse aos asistentes, podendo degustarse xa desde ese mesmo momento.
Manteñen os prezos e a oferta de cervexas doutros anos, sendo substituída nesta ocasión a rubia Heineken pola australiana Foster’s. Outra das novidades é a hamburguesa vegana e a "happy hour", que se celebrou este venres 18 de 19:00 a 20:00 horas, nas que se serviu o litro de cervexa a 6 e 5 euros.
O festival irlandés que organiza o equipo todos os anos estará aberto ao público ata o domingo 20 ás 22:00 horas na Praza de España.
Desde o mércores moitos amantes da cervexa xa pisaron a carpa, sendo o xoves 17, de momento, o día con maior afluencia.
Relacionadas:
-
RADIO.- Pepe Solla presentará o seu libro "Cuando lo ancestral se hace eterno" en decembro en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Pecha o San Patricio con aumento da participación
-
Cervexa sen glute e 'happy hour' na sexta edición do Festival San Patricio
Por Diego Espiño |
-
Un festival de récord con máis de 5.000 litros de cervexa vendidos
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
San Patricio tamén se celebra no campo de rugby
Por Redacción |