María José Rodríguez Teso convértese na nova viceportavoz do grupo municipal do PP
Por Alejandro Espiño
Dez meses despois de acceder ao cargo de portavoz municipal e tras dar por pechada a crise no grupo coa saída de tres dos seus concelleiros, Jacobo Moreira decidiu reorganizar o sistema de traballo dos seus edís "para ajustarnos mejor a nuestros objetivos". A principal novidade é que María José Rodríguez Teso asume a viceportavocía do Partido Popular na cidade. Substitúe así a José Manuel Guillán, un dos concelleiros que abandonaron o grupo.
Tras a incorporación de Rosa Picallo, Miguel Ángel Meijón e Eloísa Nogueira, o grupo municipal do PP repartirá as súas funcións en cinco grandes áreas de traballo: cidadanía e colectivos, economía e emprego, ordenación do territorio e protección cidadá, área social e, por último, área rural.
Os equipos quedan do seguinte xeito:
1.- Cidadanía e colectivos: Jacobo Moreira, Ana Isabel Vázquez, María José Rodríguez e Beatriz García. A eles corresponderanlle as funcións relativas á atención ao cidadán, asociacións e entidades, administracións, medios de comunicación e novas tecnoloxías.
2.- Economía e emprego: Esta área estará atendida por Jacobo Moreira, Beatriz García, César Abal, María Biempica, Pablo Fernández e Eloísa Nogueira. Encargaranse dos asuntos relacionados co emprego, economía e facenda, persoal, turismo, comercio, contratación e patrimonio.
3.- Ordenación do territorio e protección cidadá. O equipo estará composto por Ricargo Aguilar, Pablo Fernández, Miguel Meijón, César Abal e Rosa Picallo. Tratarán co urbanismo e a ordenación do territorio, medio ambiente, vivenda, emerxencias, mobilidade, seguridade cidadá e obras.
4.- A área social estará atendida por María José Rodríguez, Ana Isabel Vázquez, Miguel Meijón, Rosa Picallo, María Biempica e Eloísa Nogueira. Faranse cargo dos asuntos relacionados cos servizos sociais, sanidade, educación, xuventude, cultura, deportes e festas.
5.- Rural. Finalmente o equipo que se fará cargo dos asuntos do medio rural conformarano Jacobo Moreira, Ana Isabel Vázquez, Rosa Picallo, Eloísa Nogueira, Pablo Fernández e Miguel Meijón.
Moreira considera a María José Rodríguez Teso a persoa idónea neste momento para asumir o cargo de viceportavoz tras dez meses de traballo conxunto. "Hubo un gran entendimiento entre nosotros en este período y ella desenvolvió una notable labor en cuestiones orgánicas y de funcionamiento interno en el grupo municipal". En todo caso, el mismo coordinará o traballo para mellorar o funcionamento conxunto dos seus concelleiros.
En canto ás súas asignacións económicas, Jacobo Moreira explicou que, polo momento, só el cobrará un soldo municipal. "En el PP trabajamos once y cobra uno, en el gobierno municipal cobran todos y no trabajan ninguno", afirmou. "El alcalde nos quiere dejar sin medios". Pero asegurou que o recurso xudicial que presentou para recuperar as dedicacións exclusivas que tiñan "sigue su curso y de momento no hay ninguna novedad".