Un atropelo en Fernández Ladreda sáldase cunha muller ferida leve
Por Redacción
Arredor das nove da mañá, unha muller de avanzada idade resultou atropelada por un turismo cando cruzaba polo paso de peóns en Fernández Ladreda á altura do cruce con Xeneral Rubín, segundo informaba o 112.
A vítima do atropelo queixábase de dor nunha perna foi trasladada a un centro hospitalario para a súa observación por unha ambulancia de Urxencias Médicas. Ata a zona tamén se trasladou unha unidade da Policía local.