As Forzas de Seguridade teñen orde de impedir a manifestación de UGT e Comisións
Por Oskar Viéitez
Mantense a prohibición da Xunta electoral provincial. Non autorizan a manifestación convocada para hoxe por CCOO e UGT pola industria e o emprego e contra os Orzamentos Xerais do Estado, segundo confirmaron a PontevedraViva fontes da Subdelegación do Goberno.
As 13:00 horas está fixada a vista no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para a resolución do recurso interposto contra a decisión das Xunta electorales de Pontevedra y Ourense.
No caso de que os convocantes persistan en celebrar as manifestacións, darán ordes ás forzas de seguridade para impedilas. A xunta electoral prohibiu todas as concentracións e manifestacións que coincidan coa campaña electoral, día de reflexión e xornada de votación, é dicir, no periodo comprendido entre o 5 e o 21 de outubro.
Esta competencia para autorizar movilizaciones asúmea a Xunta provincial facultada polo réxime electoral xeral cando hai uns comicios polo medio. A Subdelegación limítase a "darlles curso".
Así sucedeu o domingo coa concentración contra o aborto, convocada polas plataformas Faiche Oír e Dereito a Vivir. A Policía Nacional ordeou retirala instalación dunha mesa informativa e de recolleita de firmas na confluencia de Peregrina, Daniel da Sota e García Camba.