Un ferido leve ao impactar unha furgoneta contra un poste en Portonovo
Por Redacción
Unha furgoneta saíase da vía na estrada EP-9206 na zona de Adina, en Portonovo (Sanxenxo) á altura do Colexio Abrente por causas aínda por determinar. Segundo informaba o 112, o vehículo impactaba contra un poste da luz. O condutor resultaba ferido.
Ata o lugar onde se produciu o accidente achegouse unha unidade medicalizada do 061 e o servizo de emerxencias de Sanxenxo.
Tamén foi necesaria a intervención dun equipo de Fenosa para realizar a reparación do poste da luz.