Novas árbores para a Xunqueira de Alba
Por Redacción
Alumnos do colexio Los Sauces realizaron unha nova plantación de árbores autóctonas na Xunqueira de Alba, coa colaboración do departamento de Medio Ambiente Natural do Concello de Pontevedra.
É o undécimo ano que se realiza esta actividade, incluída na programación de concienciación ambiental do Espazo Natural de Interese Local para esta zona verde do municipio.
Durante a xornada os escolares plantaron cerdeiras, fresnos, abeleiras e bidueiros.
Prestaron axuda aos alumnos operarios da empresa concesionaria do mantemento de parques e xardíns, Cespa.