Libera denuncia "tratos degradantes" a animais do circo e o Seprona constata que está "todo en orden"
Por Natalia Puga
A asociación animalista Libera únese ás críticas xa realizadas nos últimos días pola asociación A Revira contra o circo que se instalou na explanada de Mollabao. Se é o caso, este xoves remitiu ao rexistro municipal de Pontevedra unha moción contra os espectáculos con animais "para que tanto o Goberno local coma a oposición poidan debatir· arredor da presenza destas instalacións.
Fronte a estas críticas, fontes da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra confirmaron que efectivos do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) visitou as instalacións e realizado unha inspección minuciosa tanto dos animais coma das condicións nas que están coidados e resgardados e confirmaron que cumpren todas as condicións legais esixibles.
A visita dos axentes do Seprona forma parte dunha serie de inspeccións rutineiras e permite concluír que está "todo en orden" tanto na actuación dos propietarios do circo como dos coidadores dos animais. En oposición a esta visión da Garda Civil, Libera denuncia "tratos degradantes e antinaturais cara aos animais"
Os defensores dos animais explican na exposición de motivos da iniciativa plenaria "a incongruencia que resulta impulsar actividades culturais e permitir accións que causan un prexuízo e un evidente menoscabo á integridade da fauna, como os circos e as súas actuacións antinaturais, ou as escasas corridas de touros que aínda teñen lugar na praza de Pontevedra cada ano".
Con esta proposta os animalistas esperan "un debate serio" no Pleno da Corporación pontevedresa e "que impere a postura que mantén o Consistorio en cuestións como os animais domésticos", cunha actitude de diálogo e cooperación coas entidades sen ánimo de lucro.
Relacionadas:
-
O Concello rexeita a chegada a Vilagarcía do circo con animais que xerou polémica en Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A Revira pide que Pontevedra debata en Pleno a cesión de terreos cando ven o circo
Por Redacción |
-
Protesta ante o circo contra a "escravitude" que supón o uso de animais
Por Diego Espiño |
-
Esixen que prohíban circos con animais en Pontevedra e compáranos coa "tortura da tauromaquia"
Por Redacción |