A Lama non quere incorporar Caroi e Aguasantas ao seu municipio
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, considera unha "ocorrencia inviable" a proposta do portavoz do PSdeG-PSOE, Enrique Vaqueiro, de pedir un referendo para que as parroquias de Caroi e Aguasantas decidan se queren continuar no novo concello Cerdedo-Cotobade ou se queren integrarse en A Lama.
Esta proposta chega despois da nova fusión no mapa galego anunciada este martes 23, neste caso entre Cerdedo e Cotobade. O alcalde da Lama avoga por un estudo serio e profundo sobre as necesidades dos concellos e como afrontalas para garantir o futuro e os servizos aos cidadáns.
"Non se trata de incorporar máis terreos e necesidades que atender para un concello como o noso que xa ten os seus propios problemas para poder seguir prestando servizos ás necesidades dos nosos vecinos", sinala o alcalde.
O alcalde da Lama é máis partidario de realizar unha proposta consensuada entre representantes políticos, veciños, comunidades de montes, Xunta de Galicia e Deputación provincial, ademais de sectores sociais que poidan achegar propostas a un debate sosegado "para ir trazando entre todos un camiño para unha solución a medio prazo debido aos graves problemas que presentan os municipios con menos de 5.000 habitantes, con poboación envellecida e moi dispersa onde manter os servizos é un auténtico problema".
Aclara que "con esta polémica non queremos que ninguén pense que temos algo en contra dos veciños de Aguasantas e de Caroi, faltaría máis, teñen todos o noso máximo respecto e consideración, pero creo que a súa incorporación non ía solucionar os nosos problemas e pouco ía contribuír a solucionar os seus", conclúe o alcalde.
Relacionadas:
-
O alcalde de Ponte Caldelas propón que se faga un estudo de viabilidade económica previo á fusión entre concellos
Por Redacción |
-
Propoñen un referendum para que os veciños de Caroi e Aguasantas decidan se queren integrarse na Lama
Por Oskar Viéitez |
-
A fusión entre Cotobade e Cerdedo xera "desconfianza", segundo o PSOE, polo seu "escurantismo"
Por Alejandro Espiño |
-
O novo Cerdedo-Cotobade completarase en oito meses e terá a súa capital en Carballedo
Por Alejandro Espiño |
-
Cotobade e Cerdedo fusiónanse
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada