Estrea das instalacións do viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis
Por Redacción
Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Xosé Manuel Fernández, alcalde de Barro; ou José Luís Pérez, alcalde de Meis; foron algúns dos cargos que acudiron este xoves 25 de febreiro á presentación das instalacións do viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis. Esta inauguración atópase dentro da xornada denominada "Startup Europe Week", na que se informou aos asistentes sobre diferentes plans europeos dedicados ao emprendemento.
Nesta presentación, na cal se percorreron as instalacións que darán cabida aos novos proxectos, ofrecéronse explicacións dos distintos programas de carácter europeo cuxos obxectivos están en dar ferramentas de internacionalización a pequenas ou medianas empresas, creación de pemes, financiamiento ou softwares gratuítos, entre outros.
A presidenta da Deputación quixo aclarar que a institución provincial "está claramente comprometida co desenvolvemento económico e a creación de riqueza na provincia de Pontevedra porque esa é a única forma de ter capacidade para poder crear emprego, ou grave problema que hoxe ten a nosa sociedade".
Esta implicación corrobórase nos 15,3 millóns de euros destinados para a planificación de estratexias de desenvolvimiento para fomentar o crecemento económico e social de Pontevedra.
As instalacións contan con máis de 1.800 metros cadrados distribuídos en 16 naves, 24 oficinas, 4 salas de xuntas e 3 espazos de coworking con capacidade para, aproximadamente, 12 postos de traballo.
Relacionadas:
-
Estas son as sete novas empresas do viveiro de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Licenza concedida a Estrella Galicia e Autocares Novas Rías para construír no polígono de Barro
Por Redacción |
-
Catro novas empresas ultiman os trámites para instalarse no viveiro de Barro-Meis
Por Redacción |
-
O PP denuncia que os prezos do viveiro de empresas de Barro-Meis son superiores aos do mercado
Por Redacción |
-
O viveiro de Barro-Meis estrearase cunha xornada de emprendemento
Por Redacción |
-
Abren o prazo para solicitar espazos no viveiro de empresas do polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Recta final para a posta en marcha do viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis
Por Redacción |