O IES Luís Seoane clasifícase para a final galega do Club de Debate
Por Redacción
62 estudantes de terceiro e cuarto de ESO e de primeiro de Bacharelato dos IES Luís Seoane, Valle Inclán, Número 1 do Carballiño, Poio, Ponte Caldelas e do IES Sánchez Cantón participaron na fase de zona do Club de Debate, que se celebrou no Pazo da Cultura.
Os IES Número 1 de Carballiño e Luís Seoane de Monte Porreiro lograron o primeiro e o segundo posto da clasificación desta competición na que os participantes mostran o seu nivel de dialéctica e de confrontación de ideas. O tema de debate para esta edición foi o de "Nacer muller e vivir en desigualdade".
O IES Número 1 de Carballiño, como vencedor, recibirá un vale de 500 euros para a compra de libros en galego, un exemplar de Sempre en Galiza, de Castelao para expoñer no centro ata o próximo Club de Debate e o acceso á final. O segundo clasificado, o Luís Seoane, tamén se clasifica para a final galega e ademais recibe un vale de 300 euros para a compra de libros.
O Club de Debate está organizado por once concellos, entre os que se atopa o de Pontevedra, a través das concellerías de Normalización Lingüística co obxectivo de promover o uso da lingua galega entre a mocidade.
A fase final celebrarase en Pontevedra o sábado 30 de abril coa participación de dez equipos. O tema de debate será "En galego hai un mundo de cousas boas".
Relacionadas:
-
O IES Xulián Magariños de Negreira gaña a final galega do Club de Debate; o IES Luis Seoane, terceiros
Por Redacción |
-
A final galega do Club de Debate, o sábado 30 de abril no Pazo da Cultura
Por Redacción |
-
Máis de 60 alumnos participarán este sábado na primeira fase do Club de Debate
Por Redacción |
-
Os mozos pontevedreses melloran as súas técnicas de debate
Por Redacción |