Propoñen converter a Marín nun "referente do sendeirismo"
Por Redacción
A Asociación Cultural Almuinha ven de solicitar ao Concello de Marín unha política "ambiciosa" que conleve as actuacións precisas para "converter Marín nun referente do sendeirismo", coa creación nunha primeira fase de dúas novas rutas de sendeirismo: a Ruta das Mámoas e a Ruta do Río Lameira ou Río do Lago de Castiñeiras.
Ademáis piden a "suficiente" publicidade do Roteiro do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños; e "claridade" en canto a Ruta do Monte Penizas.
Este colectivo remitiu uns escritos coas súas demandas dirixidos ás Concellarías de Cultura, Festas e Dinamización; Deportes e Xuventude; Medio Ambiente e Benestar Social; e Turismo e Comercio.