Louzán pospón a súa declaración pola Operación Patos
Por Redacción
O ex presidente da Deputación de Pontevedra e presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, non declarou este mércores ante a xuíza pola Operación Patos.
Segundo el mesmo explicou á saída do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo, acolleuse ao seu dereito a non declarar ata que se resolva a petición de varios letrados de nulidade de escoitas telefónicas.
Esta mesma estratexia seguiu o que fora o seu xefe de gabinete, Luís Serantes.
Louzán estaba citado para responder acerca de obras en varios municipios da provincia e pola suposta recepción de agasallos por parte da empresa Eiriña.
Aínda que precisou que el non se adheriu a esa solicitude de nulidade das escoitas, Louzán explicou que prefire esperar a que a xuíza resolva sobre esta cuestión "delicada", e que, entón, "presentareime de novo para contestar as preguntas da xuíza e fiscal".
"Sen problema, non teño nada que ocultar", reiterou ante os xornalistas, precisando que non cometeu ningunha das irregularidades que se lle atribúen e apuntando que el era "unha persoa máis" na Deputación e que contou "cun extraordinario equipo de funcionarios".
Relacionadas:
-
A xuíza da Operación Patos arquiva a causa para todos os políticos menos Louzán
Por Oskar Viéitez |
-
A Fiscalía da 'Patos' pide imputar só a Louzán entre os políticos e arquivar o resto
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE di que a candidatura de Louzán ao Senado só busca o aforamento para non ter que comparecer ante a Xustiza
Por Redacción |
-
A xuíza da Operación Patos imputa a Louzán
Por Redacción |
-
O fiscal pide imputar a Louzán pola Operación Patos
Por Redacción |
-
Louzán insta a que "non se prolonguen innecesariamente, máis alá do razoable, os procedementos xudiciais"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |