Ingresa en prisión un pontevedrés que levaba dez quilos de coca ocultos nun dobre fondo do coche
Por Natalia Puga
O veciño de Pontevedra F.J.V.G., de 36 anos, ha ingreso no centro penitenciario da Lama tras ser detido pola Garda Civil transportando no seu turismo dez quilos de cocaína.
Segundo informou a Garda Civil, unha patrulla que se atopaba de servizo pola autovía A-52 observou que un vehículo Audi A-3 circulaba en sentido Vigo a unha velocidade excesiva, polo que decidiron seguirlle. Poucos quilómetros despois, o vehículo detívose no área de servizo da localidade da Cañiza e procederon á identificación do seu condutor.
Dado o estado de nerviosismo do condutor, os axentes optaron por inspeccionar minuciosamente o turismo, achando no seu interior un dobre fondo practicado no habitáculo traseiro do mesmo e, alí ocultos, un total de 10 quilos de cocaína, disposta en paquetes dun kilogramo.
A Garda Civil sospeita que a droga procedía de Madrid e posteriormente ía ser distribuída na provincia de Pontevedra e procedeu á detención do condutor e a incautación da sustancia estupefaciente que levaba
Os investigadores dan por finalizada a operación policial. O home, veciño da capital, foi trasladado á Comandancia da Garda Civil para a instrución das correspondentes dilixencias. A autoridade xudicial competente ha decretado o seu ingreso preventivo na Lama.