Un camión cargado con plátanos envorca na PO-11 e a mercadoría queda esparexida pola vía
Por Redacción
Un accidente de circulación deixou este martes a estrada PO-11 chea de plátanos á altura do enlace coa autopista AP-9, a poucos metros da factoría de Ence en Lourizán.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente produciuse ás 15.23 horas. Un camión artículado cargado con plátanos envorcou sobre o seu lateral esquerdo e sufriu unha caída parcial da carga sobre a calzada.
O vehículo implicado é un Volvo semirremolque frigorífico e o seu condutor resultou ferido leve e tivo que ser trasladado por unha ambulancia do 061 ao Hospital Montecelo de Pontevedra.
Foi necesaria a intervención de persoal de Mantemento de Estradas para limpar a mercancía que quedou esparcida pola vía e de efectivos do subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra para regular o tráfico, xa que se xeraron retencións puntuais en función da intensidade do tráfico.
En todo caso, estes atascos foron inferiores a un quilómetro e en dirección ao acceso á estrada PO-10, xa que o camión quedou envorcado no carril esquerdo sobre a mediana en sentido PO-11 e PO-12 e o carril esquerdo quedou ocupado coa carga caída sobre a calzada.