O viveiro de Barro-Meis estrearase cunha xornada de emprendemento
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra, co obxectivo de apoiar a iniciativa da Semana Europea das PEME, impulsada pola Comisión Europea para o fomento do emprendemento en Europa, organiza os días 24 e 25 de febreiro unhas xornadas dedicadas ó emprendemento nos viveiros de empresas dos polígonos de Lalín e Barro-Meis. As xornadas servirán, ademais, para inaugurar os dous viveiros, instalacións que poñen a disposición dos emprendedores para lanzar proxectos empresariais.
A través destas xornadas, preténdese informar ós emprendedores sobre as axudas existentes para impulsar a súa actividade pero tamén promover o emprendemento como unha opción de carreira profesional e dar a coñecer os emprendedores que contribúen á xeración de riqueza, á creación de postos de traballo, á innovación e á competitividade.
Ademais, con esta iniciativa, a Deputación de Pontevedra quere presentar ós axentes sociais as instalacións dos viveiros de empresas que a institución puxo en funcionamento nos polígonos industriais de Lalín e Barro-Meis.
En Barro-Meis os actos terán lugar o 25 de febreiro coa inauguración e visita institucional ó viveiro de empresas. A continuación, proxectarase un vídeo explicativo da Semana Europea das PEME e comezarán as conferencias sobre o programa europeo de aceleración do emprendemento, Microsoft Bizpark, programas de emprendemento da Unión Europea, programa Erasmus novos emprendedores e SMEs Instruments Programme Horizon 2020.
Relacionadas:
-
Licenza concedida a Estrella Galicia e Autocares Novas Rías para construír no polígono de Barro
Por Redacción |
-
Catro novas empresas ultiman os trámites para instalarse no viveiro de Barro-Meis
Por Redacción |
-
O PP denuncia que os prezos do viveiro de empresas de Barro-Meis son superiores aos do mercado
Por Redacción |
-
Estrea das instalacións do viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Novo paso adiante para a depuradora do polígono de Barro-Meis, valorada nun millón de euros
Por Redacción |
-
A Escola de Organización Industrial realizará accións de coworking no polígono de Barro-Meis
Por Oskar Viéitez |