As brigadas da Deputación atenden medio cento de urxencias
Por Redacción
As brigadas de mantemento das estradas provinciais da Deputación de Pontevedra atenderon medio cento de urxencias con motivo do temporal no último día e medio (dende as 00.00 do venres ata as 17.00 horas do sábado).
O servizo ten en activo traballando a seis dos oito equipos existentes e en 'garda localizada' aos demais por se fosen requeridos. Ademais, tamén se está utilizando maquinaria (catro palas retroexcavadoras) e persoal dos parques comarcais co fin de dar solución aos asolagamentos, desprendementos, fochancas e árbores caídas na rede viaria provincial.
Ademais das actuacións urxentes as brigadas tamén están atendendo, na medida do posible, os desperfectos que localizan nas rutas programadas. O obxectivo é, segundo sinalou o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, "a pesares do mal tempo, garantir a maior seguranza viaria e evitar tanto a viandantes como a vehículos situacións de perigo". Ás intervencións provisionais e de urxencia uniranse nos vindeiros días outras obras de mellora.
Entre as actuacións máis salientables na nosa contorna figuran:
- Bolsas de auga
- EP 9205 entre Meaño e Sanxenxo
- EP 0101 Postemirón - Acuña, Vilaboa
- EP 0001 Bértola – Canicouva - Pontesampaio
- EP 0017 Bao – Campañó, Pontevedra
- EP 8004 Caldas – Vilanoviña, Vilanova de Arousa
- Estradas anegadas de auga
- EP 9302 Xil – Covas – Barrantes, Ribadumia
- EP 0001 Bértola – Canicouva – Pontesampaio, Pontevedra
- EP 8002 Caldas – San Clemente, Caldas de Reis
- EP 1305 Igrexario de Cela Outeiro- Bueu, Bueu
- Desprendementos
- EP 8401 Portela – Souto de Vea, Cuntis
- EP 0303 Gaxate – Hermitas, A Lama
- Socavón na estrada
- EP 8003 N-550 – Paradela de Bemil, Caldas de Reis