Chega San Valentín. Atención: Non é amor, é machismo
Por Redacción
Chega San Valentín e volverase a por a énfase no amor "romántico", nun amor dominante, posesivo, sumiso, complaciente... nun amor que non está baseado na igualdade, nin no respeto e no que os mozos poden e deben rexeitar nas súas vidas para converterse en persoas libres: para escoller, para compartir, para amar.
Dende a Concellería de Educación e Igualdade faise un chamamento para que o 14 de febreiro os namorados combatan as bases dese amor que non é tal, que é reflexo do machismo e a cultura patriarcal que perdura na sociedade.
Porén a concellería vai un paso máis alá e xa ten todo listo para que o programa Namorando regrese ás aulas dos institutos de Pontevedra. Unha iniciativa que trata de reflexionar sobre o amor e o xeito de relación que se establecen entre as parellas, sobre todo nas etapas xuveniles, naquelas que van marcar o futuro.
O programa desenvolverase durante sete semanas e nel participarán 299 alumnos e alumnas dos Institutos Sánchez Cantón (cinco grupos), A Xunqueira (tres) e A Xunqueira II (catro). Namorando comezará con estudantes de cuarto de ESO despois da Semana Santa. Tamén traballarase con nenos de Educación Primaria pero será a partir de setembro, co arranque do curso 2016-17 e prolongarase durante o primeiro trimestre escolar.
Nesta ocasión pechará a intervención unha actividade de Arte Urbán Participativo, no que o alumnado de Secundaria e Primaria unirá a súa creatividade para dar forma a un mural cun deseño colaborativo, que quedará plasmado nun muro da cidade.
Relacionadas:
-
Estes son algúns dos estereotipos sexistas que seguen asentados entre nenos e adolescentes de Pontevedra
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Escolares pontevedreses sacan a venda do 'Felices para sempre'
Por Redacción |
-
Escolares pontevedreses reflexionan sobre o amor, os prexuizos e os estereotipos
Por Redacción |
-
E ti, es un 'princesiño' ou unha 'principiña'?
Por Alejandro Espiño |
-
"Isto non é amor"
Por Natalia Puga |