Xulgan a dúas mulleres de 58 e 72 anos acusadas de furtar e estafar un xoieiro
Por Redacción
No banquiño dos acusados da sección cuarta da Audiencia de Pontevedra sentaranse o martes 29 de xaneiro dúas mulleres acusadas de furto e estafa a un xoieiro. As acusadas son M.I.M. unha muller de Toledo de 58 anos, con antecedentes penais por furto e G.S.B. nada en Mansilla la Mayor (León), de 72 anos, con antecedentes penais cancelados.
Os feitos polos que se xulgan a estas dúas mulleres ocorreron sobre as 19:45 horas do día 12 de agosto de 2008. Segundo o escrito de acusación "postas previamente de acordo e con ánimo de obter un beneficio patrimonial ilícito, entraron na Joyería J. Pazos en Tui e adquiriron unha gargantilla de ouro amarelo, por importe de 2.200, entregando, para abonar o seu prezo un cheque "que carecía de fondos e que, obviamente, resultou impagado á súa presentación.
Ademais, segundo a Fiscalía, mentres elixían a xoia, entre as exhibidas polo propietario da xoiería, fixeron súa unha gargantilla de ouro amarelo, botándoa en falta o vendedor cando elas xa abandonaran o establecemento. O prezo da gargantilla substraída era de 1.754 euros.
Fiscalía considera que tales feitos son constitutivos de dous delitos, un de estafa, polo que pide tres anos de prisión para cada unha das acusadas e nove meses de multa cunha cota diaria de 10 euros. Suma ademais outro delito de furto, polo que solicita quince meses de cárcere para M.I.M e dez meses para G.S.B.
En canto á responsabilidade civil, as acusadas deberán indemnizar conxunta e solidariamente ao xoieiro en 2.945 euros.