Furta en varias tendas e píllana nunha cervexería co coitelo co que rompeu os precintos de seguridade
Por Redacción
Unha veciña de Pontevedra de 45 anos con antecedentes policiais foi identificada pola Policía Nacional como presunta autora dunha falta de hurto nun establecemento comercial da cidade. Foi localizada nunha cervecería cando levaba na man o coitelo co que supuestamente retirou os dispositivos de seguridade de pezas e obxectos hurtados en varias tendas do centro.
A muller foi identificada a raíz do dispositivo policial especial integrado por axentes uniformados e de paisano deseñado pola Policía Nacional para a prevención dos pequenos hurtos durante o período de rebaixas nos distintos establecementos comerciais da cidade.
O feito produciuse o sábado 26 de xaneiro. Sobre as 17:15 horas o encargado dun establecemento comercial de Benito Corbal chamou á Comisaría alertando da sustracción dun xersei no interior dunha tenda por parte dunha muller que sairía fuxindo.
Os axentes levaron a cabo unha batida polas inmediaciones que deu como resultado a localización da presunta autora do hurto nunha cervecería nas inmediaciones da praza de Barcelos, portando nunha man un coitelo co que presuntamente arrincaría os precintos e alarmas dalgúns obxectos e na outra man unha bolsa en cuxo interior había obxectos procedentes de diferentes tendas da zona comercial.
Entre os obxectos presuntamente subtraídos había dous xerséis, dúas camisetas, unha brocha de maquillaje, un par de zapatos, catro produtos de maquillaje, un fular e un pack de calcetíns, todos eles valorados en 252,49 euros.