Cursos "anticrise" para emprendedores locais
Por Redacción
O Concello de Pontevedra impulsa dous novos cursos relacionados directamente co combate da crise económica e cos que se pretende asesorar aos empresarios e emprendedores que teñan un negocio ou estean pensando en abrilo. Son dúas iniciativas dirixidas a dotar de ferramentas útiles en materia de creación de empresas e de xeoposicionamento online de negocios. Celebraranse na Casa da Luz entre finais de febreiro e principios de marzo.
"Cuando el paro se sitúa cerca de los 9.000 pontevedreses, el 21% de la población activa es preciso tomar medidas", dixo a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román. "Si acaso lamento no disponer de más recursos para adoptar más iniciativas de este tipo, pero desde luego, en la Administración local no podemos quedar de brazos cruzados aunque las políticas de empleo sean competencia de la Xunta de Galicia".
O curso de Creación de Empresas celebrarase durante os días 20, 21, 22, 27, 28 de febreiro e o 5 e 6 de marzo, cunha duración total de 35 horas, mentres que o curso de Xeoposicionamento Online consistirá nunha xornada intensiva de 2,5 horas a celebrar o próximo día 26. A continuación haberá tres horas de titorización individualizada de cada participante nas datas que se acorden cos alumnos.
Por outra banda, Carlota Román anunciou a organización de cursos complementarios para os participantes nos itinerarios de formación do plan Iniciativa Local de Emprego Social (ILES). Trátase, indicou, dun reforzo para aqueles alumnos que teñen rematado con aproveitamento a súa formación, co obxectivo de remover obstáculos que dificultan a súa empregabilidade.
Así poranse en marcha senllos cursos para a obtención do carné de conducir con 15 prazas cada un. O curso para obter o carné inclúe a matrícula, material didáctico, clases teóricas, taxas de exame e 15 prácticas. O de Informática centrarase no entorno Windows e as suites de oficina.