Ponte Caldelas contará no 2013 cun orzamento que ascende a 3,22 millóns de euros
Por Redacción
Ponte Caldelas contará en 2013 cun orzamento que ascende a 3,22 millóns de euros. Trátase dun orzamento levemente inferior ao do ano 2012 (3,27 millóns) e que, segundo o alcalde Perfecto Rodríguez, está axustado á regra de gasto que se vai a aprobar e que esixe o Ministerio de Facenda. Tras recibir o dictame positivo da comisión informativa celebrada esta mañá, o documento aprobarase en pleno o vindeiro xoves.
Para Perfecto Rodríguez este orzamento realizouse coa máxima prudencia á hora de prever ingresos e axustar os gastos a eses ingresos. "Lo que no se puede hacer es una previsión de ingresos irreal y después a final de año al no conseguir esos ingresos encontrarse con un déficit final. Eso en Ponte Caldelas nunca lo hemos hecho y por eso tenemos una situación de razonable solvencia".
A idea do goberno municipal é intentar manter o gasto corrente e adaptáronse as partidas de gastos para manter os servizos básicos municipais, aínda que será un ano en que os investimentos reduciranse a aquelas para as que se consignan subvencións doutras administracións, como o Plan de Investimentos da Deputación que executará actuacións por valor de 230.000 euros.
En todo caso, Perfecto Rodríguez asegura que se manteñen as axudas anuais en materias educativas e deportivas e que o nivel de endebedamento do Concello sitúase no 49% dos recursos ordinarios, lonxe do límite do 75% que fixa o Estado.
"El Concello de Ponte Caldelas se encuentra en una situación económica razonablemente solvente, a pesar de que en general la crisis económica afecta a los ingresos de todas las Administraciones, especialmente la local", explica o alcalde popular. "El año pasado no hemos tenido que acudir al Plan de Pagos a proveedores aprobado por el Gobierno Central, y eso es importante".
En todo caso, Perfecto Rodríguez asegura ser consciente de que este ano, do mesmo xeito que en 2012, "es un año de contención del gasto, para que, si la situación económica lo permite, podamos en los próximos años seguir abordando nuevas e importantes inversiones, tal y como hemos hecho en los últimos años". Malia esta contención, recordou que se están finalizando importantes obras como a mellora da estrada PO-255 Ponte Caldelas - A Lama - Forzáns e outras que se executarán en breve como a reforma do Pavillón Municipal de Deportes e o saneamento na Reigosa.