EC Casas, encargada de reparar e manter as vías urbanas durante os dous próximos anos
Por Alejandro Espiño
A empresa EC Casas resultou adxudicataria do contrato de pequenas obras de reparación e mantemento das vías urbanas da cidade, segundo aprobou este luns a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra.
Por este contrato, que ten unha vixencia de dous anos prorrogables por un máis, cobrarán anualmente 242.000 euros.
A este procedemento administrativo presentáronse outras dez asinas, pero os técnicos municipais determinaron que a de EC Casas era a máis beneficiosa para os intereses do Concello, segundo explicou o portavoz do goberno municipal, Raimundo González.
Mediante este contrato, EC Casas asumirá pequenas reparacións nas rúas e vías do centro urbano, principalmente beirarrúas e pavimento, co obxectivo de alongar a vía útil das mesmas. Non se inclúen actuacións en zonas verdes, mobiliario urbano, iluminación ou sinalización, incluídas noutras adxudicacións.
PERÍODO MEDIO DE PAGO
Ademais, a Xunta de Goberno tivo coñecemento do informe económico relativo ao período medio de pago de facturas no Concello de Pontevedra no cuarto trimestre do ano.
Raimundo González explicou que no últimos tres meses do ano houbo unha demora de 41,06 días desde que a factura preséntase por rexistro ata que se abonou ao provedor, por baixo dos sesenta días que marca a lei. Os mellores resultados déronse no Pazo da Cultura, que paga a 15,11 días; e o Instituto Municipal de Deportes (IMD), que o fai a 16,17 días.
En total, pagáronse 3.346 facturas por un importe de 9.746.000 euros.
Relacionadas:
-
As solicitudes de reparación nas rúas poderán realizarse vía Internet
Por Redacción |
-
Este mércores non se poderá aparcar diante do Pavillón
Por Redacción |
-
2016 comezará coa mellora de árbores e de vías urbanas
Por Redacción |
-
Construcciones EC Casas encargarase do mantemento de estradas rurais
Por Redacción |