Stock Pontevedra anuncia unha total ocupación do recinto feiral
Por Redacción
O vindeiro venres 29 de xaneiro comeza Stock Pontevedra 2016. Nesta edición os organizadores anuncian unha "total ocupación do recinto", cunha gran resposta por parte dos expositores participantes, máis de 60 empresas.
As persoas que acudan ao Recinto Feiral de Pontevedra atoparase con ofertas en pezas de moda para home, muller e infantil, así como peletería, complementos, calzado, decoración, antigüidades, deportes, ou artigos de óptica.
Do mesmo xeito que en anos anteriores Stock Pontevedra contará con servizo de gardería gratuíto e tamén servizo de cafetería.
Na pasada edición preto de 18.000 persoas visitaron a feira, e a organización espera contar que nestes días 29, 30 e 31 de xaneiro asista unha maior afluencia de público, "xa que nesta feira poderán atopar primeiras marcas aos mellores prezos".
O prezo da entrada será de 1,50 euros, importe que axuda a completar o financiamento da feira.
O horario de Stock Pontevedra será de 11 da mañá a 21 horas, os tres días.
Relacionadas:
-
O recinto feiral volverá vestir de rebaixas do 3 ao 5 de febreiro
Por Redacción |
-
Satisfacción no peche de Stock Pontevedra pola alta asistencia ao Recinto Feiral
Por Redacción |
-
Fin de semana de descontos no Recinto Feiral
Por Redacción |
-
Conta atrás para Stock Pontevedra, cos últimos stands aínda dispoñibles
Por Redacción |
-
O comercio pontevedrés afianza a súa recuperación tras subir as vendas
Por Oskar Viéitez |