A Brilat prepárase en Lugo como "punta de lanza" da OTAN con militares de Bélxica, Reino Unido, Portugal, Polonia e Albania
Por Redacción
A Brigada de Infantería Lixeira (Brilat) Galicia VII está desde principios de ano ao mando da nova Forza Conxunta de Moi Alta Dispoñibilidade da OTAN (VJTF) e, como tal, mantén unha preparación continua. Desde este luns 25 ata o xoves 28 liderará un exercicio no campo de manobras de Parga, en Lugo, no que participan militares de España, Bélxica, Reino Unido, Portugal, Polonia e Albania.
O exercicio CPX (Exercicio de Postos de Mando) ten como obxectivo, segundo explicou a Brilat, integrar e adestrar ao Cuartel Xeral da Brigada VJTF e ás Planas Maiores das súas Unidades subordinadas de entidade Batallón no proceso de plan e condución de operacións. Todo para manterse preparados como "punta de lanza" da OTAN, pois deben estar listos para despregarse de forma inmediata en calquera parte do mundo.
As manobras, bautizadas 'Azor Lineage' I/16, buscan mellorar a interoperabilidade da Brigada VJTF e que quen a integra familiarícense coas distintas ferramentas do sistema de Mando e Control e os procedementos internos do Cuartel Xeral da Brigada VJTF.
Sincronizar as actividades e procedementos entre os diferentes Postos de Mando e prepararse sobre como planear e conducir as Operacións de Alta Intensidade integrando as diferentes funcións de combate completan os obxectivos do exercicio, que leva programándose desde o pasado mes de setembro e empezará o repregamento de volta a casa o venres 29.
Relacionadas:
-
A Brilat culmina en Zaragoza a súa prepararación como brigada de moi alta dispoñibilidade da OTAN
Por Redacción |
-
Ensaio xeral na Brilat para despregarse en 48 horas ante unha crise de seguridade en calquera punto do mundo
Por Natalia Puga |
-
A Brilat propón celebrar o seu desfile de aniversario polas rúas de Pontevedra
-
Parada militar da Inmaculada na Brilat coa ollada posta no que decida a OTAN
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |