Elvira, 101 anos e tan feliz
Por Redacción
Elvira Agulla Martínez converteuse xa nunha das veciñas de Pontevedra máis lonxeva. O pasado 20 de xaneiro cumpriu 101 anos, pero, a pesar de que tivo a honra de nacer o día do patrón do municipio, este ano coincidiu nunha xornada laboral, así que a celebración tivo que esperar á fin de semana.
Este domingo, acompañada da súa familia, celebrou que hai xa un ano que é centenaria e, para acompañala nos festexos, recibiu a visita do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
Lores visita desde hai anos a todos os pontevedreses centenarios e, como é tamén habitual, a Elvira Agulla levoulle un ramo de rosas. Ela recibiuno tan feliz, dando sinais dunha saúde envexable para alguén nacido no ano 1915 e mesmo lle convidou a acompañarlle á hora de soprar as velas.
A celebración empezou na casa de Carramal, na parroquia de Salcedo, coa chegada de Lores e, á súa partida, continuou cunha comida familiar.