Podemos analiza os resultados do 20-D, con En Marea como primeira forza en varios colexios de Pontevedra
Por Redacción
Afiliados e simpatizantes de Podemos Pontevedra analizaron este sábado os resultados das eleccións xerais do 20-D no marco dunha asemblea aberta á cidadanía en xeral celebrada na Casa da Luz e salientaron que a coalición coa que se presentou en Galicia, En Marea, "foi a segunda forza política máis votada tanto ao nivel municipal coma autonómico" e mesmo "a primeira en varios colexios electorais da cidade".
Estes resultados "moi positivos" foron un dos eixos do encontro, no que Podemos Pontevedra tamén abordou os seus horizontes políticos e confluencias, que pasan por potenciar a participación democrática e cidadá para afondar na consolidación dun bloque político-social e das persoas.
Podemos Pontevedra presentou o seu calendario provisional de Acción e o da Mocidade do Círculo Municipal para os vindeiros meses e emplazou a afiliados, simpatizantes e a toda á cidadanía a coñecer a súa proposta de Lei 25 este vindeiro luns nun encontro coa diputada e o senador de En Marea por Podemos, Angela Rodriguez e José García Buitrón.
Relacionadas:
-
Podemos disolve o seu Consello Cidadán en Pontevedra tras unha serie de dimisións
Por Alejandro Espiño |
-
O PSOE queda sen representación pontevedresa no Senado
Por Diego Espiño |
-
O PP mantense como partido máis votado na provincia, con En Marea como segunda forza
Por Diego Espiño | Creada e actualizada