A Escola de Organización Industrial realizará accións de coworking no polígono de Barro-Meis

Por Oskar Viéitez
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este venres os convenios co Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI), para promover a iniciativa emprendedora local coa apertura conxunta de espazos de coworking (traballo cooperativo) nas localidades de Barro-Meis e Lalín.
Ao acto asistiron o subsecretario de Industria, Enerxía e Turismo e presidente de EOI, José María Jover; o director xeral de EOI, Fernando Bayón; o deputado de Cooperación, David Regades; os alcaldes de Barro e Meis, Xosé Manuel Fernández Abraldes e José Luis Pérez Estévez e o tenente de alcalde do Concello de Lalín, Nicolás González Casares.
O convenio contempla a realización de accións de formación e tutorización no marco de espazos de coworking, é dicir trátase de crear un espazo conxunto destinado ao establecemento de emprendedores, previamente seleccionados, que achegarán proxectos temperáns de previsible valor para a sociedade.
A EOI e a Deputación buscan que os proxectos participantes póidanse incorporar en aceleradoras e cubrir así a seguinte fase no desenvolvemento das súas empresas. Ambas as iniciativas estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e cada unha delas supoñerá un investimento global de 800.000 euros.
A EOI foi fundada no ano 1955 froito do acordo alcanzado entre os ministerios de Educación e Industria, sendo a primeira escola de negocios de España e unha das primeiras de Europa.
A presidenta da Deputación cualificou esta actuación como "fundamental para promover o emprendemento" e citou a importancia de que as administracións "nos convirtamos también en emprendedores para dar respuesta a las necesidades de la sociedad y mejorar, en definitiva, la economía".
Pola súa banda, José María Jover sinalou, que este convenio manifesta a "preocupación común" de varias administracións para o "impulso y fomento del empleo". Así explico que en Galicia, "vamos a desarrollar proyectos para fomentar el empleo juvenil que va a suponer una inversión global de 11 millones de euros".
Para concluír, Fernando Bayón destacou que a EOI poñerá en marcha este ano 44 coworkings en España dos cales dous organizaranse na provincia de Pontevedra e nos que participarán entre 20 e 22 emprendedores en cada un.
No espazo de mes e medio os 44 coworkings de España estarán conectados nunha mesma plataforma nacional para que se poñan en contacto emprendedores de diferentes puntos da xeografía española. Tanto en Barro-Meis como en Lalín, os proxectos de coworking terán as mesmas características.
Realizaranse catro convocatorias en cada localidade, cunha duración cada unha delas de cinco meses, dando cabida a entre 16 e 22 proxectos emprendedores. Ademais, os beneficiarios destes espazos de coworking, seguirán un proceso de asesoría personalizada de 40 horas por parte de expertos de EOI e recibirán 60 horas de formación, grazas a talleres para potenciar o desenvolvemento de competencias en emprendemento e en xestión de proxectos.
Relacionadas:
-
Tes un proxecto emprendedor? AJE e Ence asesoran, forman e financian durante tres meses
Por Redacción |
-
O PP denuncia que os prezos do viveiro de empresas de Barro-Meis son superiores aos do mercado
Por Redacción |
-
O viveiro de Barro-Meis estrearase cunha xornada de emprendemento
Por Redacción |
-
Novo paso adiante para a depuradora do polígono de Barro-Meis, valorada nun millón de euros
Por Redacción |
-
Abren o prazo para solicitar espazos no viveiro de empresas do polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
Recta final para a posta en marcha do viveiro de empresas no polígono de Barro-Meis
Por Redacción |
-
A Deputación promove espazos de coworking no polígono de Barro-Meis
Por Redacción |