A Policía Local de Pontevedra patrullará con desfibriladores
Por Redacción
Todas as patrullas da Policía Local de Pontevedra que saian á rúa levarán un aparello desfibrilador para facilitar que os axentes poidan dar unha atención inmediata no caso de que se atopen cun cidadán que o necesite.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, anunciouno este xoves aproveitando a presentación do avance da memoria da Policía Local e explicou que se trata dun proxecto que prevén completar ao longo do presente ano 2016.
A idea é que haxa un desfibrilador por cada coche patrulla que estea na rúa, entre 5 e 6 simultaneamente, pero que todos os axentes estean formados para poder utlizarlos. Así, a práctica totalidade do persoal pontevedrés recibirá previamente un curso de capacitación.
Da Silva explicou que os axentes municipais son "moitas veces os primeiros en chegar a un accidente ou a un problema" e están en todas as citas multitudinarias e eventos celebrados en espazos públicos, de modo que resulta positivo que estean preparados para actuar en casos de emerxencia.
Relacionadas:
-
Adeus aos partidos de infarto na Lama
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local resolveu o pasado ano 55 conflitos entre pontevedreses mediante a mediación
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra aumentará os controis antidroga aos condutores da cidade
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O día en que o 'ollomóbil' pasou a ser o 'multacar'
Por Natalia Puga |