Sanxenxo, premio ao mellor destino turístico Sicted 2015 de España
Por Redacción
Por primeira vez un concello galego e a súa técnica municipal álzanse coas distincións ao "mellor destino turístico SICTED 2015" e "primeira finalista ao mellor xestor 2015", promovidos e elixidos polo Instituto de Turismo de España, Turespaña e a Femp.
Ambos os galardóns conseguíronse superando a 189 destinos de toda España cos seus respectivos xestores, con máis de 5.200 empresas distinguidas a nivel nacional, o que supón un fito histórico para un concello galego.
Ambos os premios foron entregados na xornada deste xoves pola secretaria de Estado de Turismo en funcións, Isabel Borrego, e polo presidente da FEMP, Abel Caballero, nun acto institucional que celebrado na caseta de Turespaña en Fitur. Os galardóns foron recollidos polo alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita e pola coordinadora de Turismo de Sanxenxo e xestora do destino, Romina Fernández.
O premio ao Mellor Destino Turístico SICTED 2015 recoñece o compromiso e a aposta de institucións e empresas coa calidade turística e a mellora continua dos seus servizos.
O alcalde de Sanxenxo, que recibiu o premio, subliñou a importancia desta distinción para o destino Sanxenxo, "pois supón un recoñecemento ao esforzo que tanto desde o sector público como privado vén realizando para mellorar o nivel de satisfacción dos turistas que visitan cada ano Sanxenxo e incrementar a competitividade do mesmo como destino único, diferenciado e de calidade".
O premio Primeira Finalista ao Mellor Xestor 2015 a Romina Fernández recoñece o traballo e esforzo da persoa que xestiona día a día o desenvolvemento e implantación do Sistema nas empresas e servizos públicos turísticos no concello de Sanxenxo. Tras recoller o premio, a técnica, que xa o ano pasado resultou elixida para formar parte do Comité Interdestinos do SICTED a nivel nacional, manifestou o seu desexo de compartir o galardón con todo o equipo de traballo de Turismo de Sanxenxo, cos membros da Mesa para a Calidade Turística de Sanxenxo e cos empresarios turísticos do municipio, xa que sen todos eles sería imposible recibir dita distinción.
Relacionadas:
-
A por 35 establecementos máis con 'Compromiso de calidade turística' na provincia
Por Redacción |
-
Cinco empresas estrean o premio 'Sanxenxo, Calidade Turística'
Por Redacción |
-
Un total de 43 empresas de Sanxenxo recibirán os diplomas e distintivos de calidade
Por Redacción |
-
Pontevedra, Sanxenxo e Armenteira renovan as distincións Q de Calidade Turística
Por Redacción |
-
Sanxenxo busca empresas que se sumen ao Sistema Integral de Calidade Turística
Por Redacción |
-
Sanxenxo, o municipio galego con máis selos de calidade turística
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere crear un premio para recoñecer a aposta dos empresarios pola calidade turística
Por Redacción |