Estas son as 42 obras arquitectónicas que Rías Baixas vende como reclamo turístico
Por Oskar Viéitez
Este xoves presentouse en Fitur unha selección de 42 intervencións arquitectónicas de envergadura coas que a provincia de Pontevedra quere exhibir a súa cara máis moderna para captar novos visitantes. (VER GALERÍA)
Os técnicos de Turismo Rías Baixas están convencidos de que este é un destino que ofrece moitas posibilidades e quixeron engadir un novo valor turístico: a arquitectura contemporánea.
O acto de Turismo Rías Baixas estivo presentado pola actriz María Castro, e tamén contou coa intervención do decano da COAG, Antonio Maroñom ou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que aclarou que de ningún modo veñen substituír aos miles de recursos patrimoniais rexistrados no noso destino. Pola contra, estas obras de importante valor veñen continuar "a liña temporal dun destino que muta, que está vivo, que crece".
Entre outros exemplos figuran nesta guía os cascos de barco investidos que asoman á ría en Vilariño, os miradoiros sobre as rias e as illas atlánticas, o Museo do Mar de Vigo, os departamentos de pescadores de Cangas, o castro tecnolóxico de Lalin ou a fortaleza de Goian, a integración na orografia do terreo en todas e cada unha das obras do Campus de Vigo ou no parque arqueolóxico de Campolameiro, o museo de Pontevedra.
"Vengan y conozcan todo lo que hemos sido, lo que somos, lo que queremos ser", animou Carmela Silva.