Doan máis de dous mil libros á biblioteca municipal de Barro
Por Redacción
A A.C. Barosa acordou co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a entrega de 2.221 exemplares de libros e 416 DVD que formaban parte do fondo bibliográfico da asociación, que serán cedidos ao Concello para ampliar os fondos da biblioteca municipal.
Esta doazón vai permitir á biblioteca pública mellorar a súa oferta aos seus usuarios, cun importante incremento de títulos tanto de literatura infantil como de narrativa, poesía, ensaio e tamén de cine e música coa aportación dos DVD's e os libros.
O alcalde transmitiulle o agradecemento a Iván Bello, presidente da asociación por esta cesión, pois a mellora na oferta de fondo coma das instalacións da biblioteca "é unha das prioridades do goberno de Barro", sinalou o alcalde.