Solicitan á Xunta un estudo sobre a sinistralidade da PO-308 na Granxa
Por Redacción
A PO-308 á altura da Granxa é un dos puntos negros na seguridade viaria de Sanxenxo e por iso o goberno municipal solicita á Xunta, como titular desta estrada, que elabore un estudo que determine cales poden ser as causas que convertan esta zona nun lugar reincidente para a sinistralidade.
Así llo solicita a concelleira de Seguridade Cidadá, Vanessa Rodríguez Búa, mediante un escrito á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez.
A edil lembra ao departamento autonómico que o pasado 1 de xaneiro rexistrouse un novo accidente neste tramo do viario, que acabou cun coche ladeira abaixo aterrando finalmente sobre a leira dun particular.
O impacto derrubou parte dunha balaustrada de pedra que aínda non foi reposta, co consecuente prexuízo para o seu propietario, polo que insta a reposición deste peche o máis axiña posible.
Con todo, desde o goberno local consideran que o accidente ocorrido o primeiro día deste ano non debe tratarse como un feito illado, ao rexistrarse nun punto no que xa constan un importante número de sinistros durante os últimos anos.
Por iso, Vanessa Rodríguez Búa suxire unha reposición do firme, similar á que levou a cabo hai uns anos na curva dos Cotos, como unha posible solución para frear o índice de accidentes nesta contorna.
Ademais, o Concello aproveita para lembrarlle á conselleira dúas cuestións das que está pendente o goberno local. Trátase da colocación dun paso de peóns e dun semáforo na PO 504 á altura do tanatorio situado no lugar do Vinquiño e da reparación do asfaltado na PO 308 ao seu paso polo caso urbano de Sanxenxo, unha actuación que consideran prioritaria e moi urxente.
Relacionadas:
-
O PSOE pide á Xunta que reforce a seguridade vial no proxecto de mellora da PO-308 na Lanzada
Por Redacción |
-
Sanxenxo insistirá para que a Xunta amplíe a reforma da PO-308 ata Major
Por Redacción |
-
A Xunta revisará o firme na Granxa
Por Redacción |
-
Veinticinco empresas presentan as ofertas para executar a senda peonil e ciclista en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Piden á Xunta que amplíe ata Major a mellora da PO-308
Por Redacción |
-
Sanxenxo recorda ao PP que leva catro anos facendo un uso "electoralista e partidista" da PO-308
Por Redacción |