A chegada de tres novos concelleiros, di Moreira, "cierra una etapa" de discrepancias no PP
Por Alejandro Espiño
"A diferencia del gobierno local, no vienen a cobrar, vienen a trabajar". Con esta declaración de intencións presentou Jacobo Moreira aos tres novos concelleiros do PP en Pontevedra, Rosa Picallo, Miguel Ángel Meijón e Eloísa Nogueira. Todos eles chegan, segundo o seu portavoz, "cargados de ilusión y con ganas de trabajar". Incorporaranse oficialmente ao grupo no pleno da corporación municipal de febreiro.
Rosa Picallo e Miguel Ángel Meijón, que xa foron concelleiros no anterior mandato, aseguran que aportarán a súa experiencia ao grupo municipal e co obxectivo claro de "trabajar para ganar la alcaldía de Pontevedra en 2015". Baixo esa mesma máxima, Eloísa Nogueira, membro de Nuevas Generaciones e veciña de Ponte Sampaio, engadiu que "loitarei por unha Pontevedra mellor desde unha perspectiva rural".
Os tres novos concelleiros populares substitúen aos que presentaron a súa dimisión o pasado luns, José Manuel Guillán, Begoña Laya e Celia Soto. Para eles, especialmente para os dous primeiros, tamén tivo palabras un Jacobo Moreira que, por primeira vez, recoñeceu públicamente a existencia da crise no seo do grupo. "Hubo una serie de discrepancias que se han solucionado con la salida voluntaria de estos tres concejales", afirmou.
Tras agradecer, iso si, o traballo realizado polos xa exconcelleiros, Moreira asegurou que "no hay comparación" entre o sucedido no PP de Pontevedra e episodios similares que o seu partido está vivindo en Ames, Santiago ou Pontedeume. Insiste en que en Pontevedra "no se produjo trauma alguno", aínda que recoñece que "fue algo que dio más que hablar de lo que debería haber dado, porque no fue muy trascendente el origen de estos problemas".
O portavoz popular aclarou que "a pesar de lo ocurrido, el grupo municipal del PP nunca dejó de hacer su trabajo". Afirmou que "para mi es una etapa cerrada y solo miro hacia el futuro". Neste sentido, adiantou que a próxima semana os populares abordarán unha restructuración de tarefas no grupo "para seguir trabajando en la defensa de los intereses de Pontevedra".