O Tribunal Supremo ordena iniciar o expediente de caducidade da concesión de Elnosa

Por Oskar Viéitez
O Tribunal Supremo ha ordenado ao presidente da Audiencia Nacional que proceda á execución de sentenza de data 29 de xaneiro de 2014, que condena á Administración Xeral do Estado, a incoar expediente de caducidade da concesión outorgada no seu día a Elnosa (na actualidade Electroquímica do Noroeste, S.A.U.).
Na mesma orde, emitida o pasado sete de xaneiro de 2016, o alto tribunal ordena tamén a adopción de "todas as medidas legalmente contempladas" para a paralización das actividades e suspensión do uso e explotación das instalacións que non conten con concesión administrativa e demais autorizacións legalmente esixibles.
Esta dilixencia de ordenación foi emitida pola Sala Terceira do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo respondendo o recurso de casación interposto por Elnosa e a propia Administración do Estado.
Deste xeito o Supremo ordena ao Ministerio de Medio Ambiente a incoar un expediente de caducidade da concesión de Costas á planta de cloro de Lourizán.
Este proceso xudicial foi emprendido no seu día por Salvemos Pontevedra, que difundiu este martes a resolución do Supremo.
Esta nova decisión xudicial chega no medio das mobilizacións dos traballadores de Elnosa para esixir a continuidade da fábrica en Lourizán e se prorrogue a súa concesión.
Relacionadas:
-
Os directivos de Elnosa din que só lles falta convencer ao alcalde para poder seguir en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
As paxes dos Reis Malos de Elnosa deixan carbón diante do Concello
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Supremo desestima o recurso de casación de Elnosa para evitar o seu cesamento de actividade
Por Diego Espiño |
-
"Nin un paso atrás" no rexeitamento da Deputación á continuidade de ENCE e Elnosa
Por Redacción |