Un estudo di que os pontevedreses engordamos 3,5 quilos no Nadal
Por Redacción
Con motivo das festas navideñas, o Grupo NC Salud elaborou un estudo para determinar como afecta ao noso peso este periodo vacacional, marcado polo descanso, as reunións en torno á mesa e o alcohol.
Pontevedra é a provincia galega na que máis se engorda, ata 3,5 quilos de media, logo da inxesta de polvoróns.
É especialmente significativo o aumento de peso no caso dos homes, que acada os 4.3 quilos máis de media. No caso das mulleres, a media de incremento sitúase en 1.8 quilos.
NC Salud, firma dedicada ao asesoramento nutricional nas farmacias, recolleu datos nos últimos cinco anos. Aseguraran dispor para o seu estudo de 200.000 datos de clientes en toda España.
O estudo sinala que o que nos fai engordar nestas datas son os cambios nos hábitos alimenticios, o consumo máis elevado de alcohol e os compromisos de comidas ás que non podemos dicir que non.