Rouban nun trasteiro dous días antes de Reis e levan unha bicicleta e varios agasallos
Por Redacción
A Policía Nacional de Pontevedra investiga un novo suceso dentro da onda de roubos en trasteiros e garaxes que se vive na cidade dende hai meses. Os ladróns entraron nun trasteiro da rúa Estrada nalgún momento entre os días 1 e 3 de xaneiro e levaron varios agasallos e unha bicicleta.
Os donos do trasteiro déronse conta de que lle faltaban o 3, dous días antes da chegada dos Reis Magos aos fogares de todos os nenos, pero descoñecen que día produciuse o roubo, só saben que o último día que seguro que estaba todo o material foi o 1 de xaneiro.
Acudiron á Comisaría Provincial do Corpo Nacional de Policía para denunciar a subtracción e mantense aberta unha investigación para tratar de localizar aos responsables. Entre os obxectos roubados figura unha bicicleta valorada en 1.600 euros e varios agasallos e xoguetes como un Scalextric ou varias casas para xogar, todos eles valorados en entre 30 e 60 euros.
Relacionadas:
-
A voltas cos roubos nos rochos. Agora tocoulle a nove en San Amaro
Por Natalia Puga |
-
Os roubos de bicis rompen as estatísticas: denuncian 80 casos no que vai de ano
Por Natalia Puga |
-
A ondada de roubos e danos en rochos deixa 19 novas vítimas na Parda
Por Natalia Puga |
-
Veciños de Valdecorvos denuncian roubos e danos nos seus rochos
Por Natalia Puga |