Conta atrás para Stock Pontevedra, cos últimos stands aínda dispoñibles
Por Redacción
A feira de rebaixas e oportunidades Stock Pontevedra chegará, de novo, a finais do mes de xaneiro ao recinto feira e os organizadores xa están a ultimar todos os detalles. Nesta conta atrás, avisan de que aínda quedan stands dispoñibles.
Este ano 2016 a feira organizada polo Centro Comercial Urbano CCU Zona Monumental e a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa celebrarase os días 29, 30 e 31 de xaneiro, convertendo o Recinto Feiral nun gran centro comercial con 4.500 metros cadrados de exposición.
A feira está pensada para que os comerciantes expoñan, para a súa venda, toda a súa oferta de oportunidades, desfacéndose así dos stock almacenados ou intentando vender produtos que non tiveron compradores na ultima campaña comercial.
Para poder participar en Stock Pontevedra os comerciantes deberán estar na posesión de certificación no rexistro do I.A.E. e ter aberto ao público un establecemento comercial. Poden solicitar o boletín de inscrición no local da asociación na rúa Serra, no enderezo electrónico info@ccuzonamonumental.es ou nos teléfonos 986866530 e 685896569 e o fax 986862370.
Os asociados ao Centro Comercial Urbano Zona Monumental e AEMPE teñen un 25% de desconto.
Relacionadas:
-
Fin de semana de descontos no Recinto Feiral
Por Redacción |
-
Stock Pontevedra anuncia unha total ocupación do recinto feiral
Por Redacción |
-
Novo éxito de Stock Pontevedra: máis de 18.000 persoas en tres días
Por Diego Torrado & Alejandro Espiño |
-
O Salón de oportunidades 'Stock Pontevedra' agarda superar as 20.000 visitas esta fin de semana
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os 'stocks' volven do 6 ao 8 de febreiro
Por Redacción |