Novecentos carteis para tentar localizar a Chester
Por Redacción
A asociación protectora de animais "Adopciones Galicia" intenta localizar a Chester, un can de cor castaña co morro, peito e as puntas das patas brancas. Non leva colar nin arnés e desapareceu o primeiro día deste ano da súa casa de acollida na parroquia de Lérez..
O animal foi recollido na rúa hai sete meses e agora encóntrase en adopción. Mantense a tratamento dende hai dous meses por un problema de pel e necesita medicación.
Dende a asociación "Adopciones Galicia" faise un chamamento por se alguén pode achegar datos de onde pode estar para que dea aviso á policia local de Pontevedra ou chame aos teléfonos: 670.327.560 ou 660.817.079 a calquera hora. Se algún particular o recolleu, a asociación prega que se poña en contacto para saber da súa situación.
O colectivo colgou novecentos carteis por distintos lugares do municipio coa intención de poder coñecer, canto antes, o paradoiro de Chester.