Unha condutora resulta ferida en Cambados tras impactar contra unha árbore
Por Redacción
Unha condutora de Vilanova de Arousa, María Teresa Padín Noya de 45 anos de idade, resultou ferida, esta tarde, despois de que o seu vehículo se saíse da vía por causas aínda por determinar e se estrelase contra unha árbore na estrada PO-300 á altura da parroquia de Vilariño.
A muller sufría dor cervical e costal e foi trasladada ao Hospital do Salnés pola ambulancia de Protección Civil de Cambados, segundo informaron fontes do propio servizo. Ata o lugar do accidente desprazouse a Garda civil de tráfico, a policía local de Cambados, unha ambulancia medicalizada e o bull de protección civil de Cambados.