Abertas as dilixencias por acoso laboral na Cámara de Comercio
Por Anxo Lourido
A finais de 2012, cinco traballadores da Cámara de Comercio presentaron unha denuncia por acoso laboral. Hoxe, o fiscal xefe Juan Carlos Aladro chamounos a prestar declaración para coñecer con detalle o motivo da denuncia. Os traballadores afirman que esa situación de acoso comezou tras denunciar unha serie de pagamentos realizados pola Cámara de Comercio de Pontevedra a unha empresa de Brasil como posible contratación irregular. Tres destes traballadores xa foron despedidos da Cámara pontevedresa.
Hoxe, ante Aladro, explicaron toda a situación con detalles sobre as reunións e as peticións que estes traballadores recibiron para que non se presentase a denuncia. Non obstante, eles aseguran que seguiron cara a diante porque xa sufriran situacións similares cando presentaran queixas porque os salarios non se estaban a pagar conforme á lei e dende a Cámara en lugar de resolvelo decidiu "realizar as nóminas a través dunha axencia externa".
Por este motivo asegura que "vendo a situación da Cámara, non era momento de tapar nada. Queriamos luz e taquígrafos. Por iso presentamos a denuncia. Todo rematou co despedimento. Aos dous que non despidieroon foi porque non puideron, un é persoal estatutario e o outro delegado de persoal".
Ambos os dous aseguran estar a sufrir presións nos últimas semanas no seu centro de traballo: Non temos a chave, hai compañeiros que a teñen, nós non. A situación é difícil para traballar nestas condicións".
O delegado de persoal, José Espiña, afirma que o acoso se mantén quixen facer o curso de mediación e non me deron información. Foron catro persoas de Vilagarcía, en Pontevedra só fíxoo a secretaria xeral (Charo Lorenzo) que non sei eu que credibilidade pode ter como mediadora". E aseguran que a diario teñen que escoitar risas e comentarios do tipo "jijiji, jajaja... aquí sobra moita xente. Dino tamén os directivos que veñen".
Estes traballadores recoñecen que as Cámaras teñen que reestruturarse. Ata finais de 2012 eran dez os traballadores da Cámara, agora cos despedimentos, son 6 e a secretaria xeral. Indican que o Conselo galego de Cámaras pagou case 30 mil euros por un estudo sobre unha posible reestruturación. Sinalan que nese informe non se falaba de despedimentos, "só de xubilacións ou pactos cos traballadores" e comentan que "iso non lles gustou ás Cámaras porque non había despedimentos, por iso pediron un anexo ao informe no que aparecen as cifras". Nese anexo, o único departamento que crecía era o de emprendemento no que traballaban estes empregados e que se centra en creación e axuda ás empresas. Creceu un 40%, mentres que o resto baixaba. Por iso, estes traballadores sinalan que o necesario na Cámara é unha mellora dende o punto de vista da produtividade.
O delegado de persoal tamén afirma que en relación coas rebaixas salariais que se executan nesta primeira nómina do ano "ninguén me comentou nada. Seino todo pola prensa. Ata que cobre a nómina de xaneiro, non saberei que rebaixa se me vai aplicar".
Fiscalía xa abriu dilixencias e, por este motivo, o fiscal Juan Carlos Aladro, tras a toma de declaracións, non se quixo pronunciar sobre o caso alegando que está baixo mandato xudicial.
Relacionadas:
-
O Consello de Contas detecta irregularidades da Cámara de Comercio na xestión de Pomovil e Ferpalia
Por Natalia Puga |
-
O Comité Executivo da Cámara de Comercio declara no xulgado por un delito contra a Administración de Xustiza
Por Redacción |
-
O ex vicesecretario da Cámara de Comercio gaña o xuízo polo seu despedimento
Por Natalia Puga |
-
Aplazado o xuízo por despedimento dun traballador da Cámara de Comercio
Por Redacción |
-
Novagalicia Banco ten dereito a estar na Cámara de Comercio de Pontevedra?
Por Redacción |
-
Gómez Rivera deixará o venres a presidencia da Cámara de Comercio
Por Oskar Viéitez |
-
Fiscalía chama a declarar aos cinco traballadores que denunciaron á Cámara de Comercio
Por Redacción |
-
Afectados polos despedimentos da Cámara: "Preténdese apartar ás persoas que acudiron á xustiza"
Por Diego Espiño |
-
Cambian as cerraduras da Cámara de Comercio tras despedir a catro empregados
Por Alejandro Espiño |