Quince anos regalando artesanía
A feira de artesanía e agasallo Pontenadal, que organiza o Centro Comercial Urbano Zona Monumental, é desde hai anos todo un clásico do nadal pontevedrés e, nesta ocasión, non ía ser menos. De novo, a praza do Teucro acolle unha nova edición -a décimo quinta- dun evento que chega co obxectivo de poñer a disposición dos cidadáns algúns dos agasallos máis orixinais para estas datas.
Permanecerá aberta ata o 5 de xaneiro todos os días, excepto o día de Nadal e o de Aninovo, de once da mañá a dúas da tarde e de cinco da tarde a dez da noite.
Nesta edición hai un total de 31 casetas, onde poderemos atopar produtos feitos en coiro, pel ou prata, cerámica, bixutería, pintura, roupa e complementos, produtos apícolas, xoguetes de madeira, peluches térmicos e un sen fin de agasallos para este nadal.
Case todos os expositores son da provincia de Pontevedra, chegados non só desde a capital senón tamén de Poio, Vigo, Nigrán, Marín, O Grove e Ponte Caldelas, e doutras localidades como Zaragoza, A Coruña ou Allariz.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, tamén están varias ONG como a Asociación Alba, Amencer ou Solidariedade Internacional.
Esta feira, impulsada polos comerciantes do centro histórico para dinamizar a zona nesta época do ano, conta ademais co respaldo da concellería de Promoción Económica.
Relacionadas:
-
Agasallos orixinais e artesanías, xa en 'Pontenadal'
Por Mónica Patxot |
-
Regalas un amplificador de móbiles? Atopáchelo: Pontenadal
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
Un Nadal desde as alturas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O plan de tráfico de Nadal axilizará tamén a circulación peonil
Por Redacción |
-
As obras diante do Hospital obrigan a cambiar o percorrido da Cabalgata de Reis
Por Redacción |
-
Activan un plan para ter un comercio seguro este Nadal
Por Redacción |