Os bombeiros teñen que intervir por un incendio na antiga comandancia da Garda Civil
Por Redacción
Os Bombeiros de Pontevedra tiveron que intervir durante a noite deste xoves 17 nas instalacións do antigo edificio da comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
Un particular alertaba cunha chamada ao Parque de Bombeiros de Pontevedra sobre as 23.45 horas de que se observaba fume procedente da garita situada na entrada do edificio abandonado que antes ocupaba a Garda Civil de Pontevedra entre as rúas Loureiro Crespo e Casimiro Gómez.
Unha dotación desprazouse ao lugar e, segundo informaron desde o Parque de Bombeiros, tiveron que forzar a entrada para poder acceder ás instalacións e apagar as lapas que provocaron unha notable fumareda. O lume foi sufocado sobre as 00.15 horas. O espazo onde se producía o incendio adoita ser ocupado por indixentes que utilizan cartóns para pasar a noite.
Ata o lugar desprazáronse ademais dos bombeiros, axentes da Policía Nacional e da Policía Local de Pontevedra.
Vídeo de Miguel Selas Canga:
Relacionadas:
-
A antiga Comandancia da Garda Civil sae a poxa por 1,5 millóns de euros
Por Natalia Puga |
-
Os veciños da Eiriña reclaman ao Estado que adecente o vello cuartel da Garda Civil
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello aposta polo traslado da Policía Nacional ao antigo cuartel da Garda Civil en Casimiro Gómez
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación no Concello e entre os veciños polo estado do antigo cuartel da Garda Civil
Por Alejandro Espiño |