A Casa Veciñal de Cutián, lista para o seu uso; a Casa Escola do Cádabo, case a punto
Por Redacción
Os veciños de Cutián xa poden gozar da súa Casa Veciñal. O goberno municipal de Cotobade anunciou este xoves a conclusión das obras da primeira fase da reforma deste inmoble, que foi levantado polos veciños de lugar e transferido ao Concello.
En total, investíronse case 50.000 euros nesta actuación.
Esta casa veciñal tiña construída nada máis que a súa estrutura e agora habilitouse interiormente para que se poida utilizar por parte dos veciños de Cutián.
Ademais, tamén están practicamente rematadas as obras de restauración da Casa Escola do Cádabo, de titularidade municipal, na parroquia de Santa María de Sacos.
Nela, o Concello de Cotobade gastou 22.000 euros de fondos propios.