O Concello pecha a porta a suspender a licenza da planta de compost
Por Diego Espiño
A concelleira de Urbanismo do Concello de Pontevedra, Carme da Silva, pechou calquera opción de suspender a licenza de contrución da futura planta de compostaxe da Canicouva, tal e como solicitou o Partido Popular a través dunha moción que será debatida no Pleno municipal.
Da Silva explicou que ao tratarse dunha instalación municipal non é necesario solicitar licenza algunha. "Supoño que iso o Partido Popular o saberá, estando na comisión de urbanismo e sendo o seu portavoz deputado", engadiu a preguntas dos medios de comunicación.
"O urbanismo sabedes que é regrado, e se se denega unha licenza que se pode conceder eso non me acordo que figura delitiva é, pero seguro que algunha", completou a edil.
Tras esta explicación Carme da Silva engadiu a satisfacción do goberno local porque "se sigan dando pasos para que Pontevedra nun período de tempo máis corto que longo poida optar por un tratamento de residuos donde a materia orgánica se trate da forma que desde o punto de vista medioambiental é máis correcta".
Relacionadas:
-
O Concello acode ao Contencioso para defender a planta de compost da Canicouva
Por Oskar Viéitez |
-
A oposición forza ao BNG a celebrar o Pleno o día despois das eleccións
Por Alejandro Espiño |
-
A Plataforma 'Residuos Non' de Ponte Sampaio aposta por crear plantas composteiras nas 15 parroquias
Por Anxo Lourido |
-
"Paso adiante" para a planta de compost coa sinatura do contrato entre o Concello e A Canicouva
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP esixe anular o acordo para alugar os terreos da Canicouva para a planta de compost
Por Redacción |