Os veciños de Cruz Vermella denuncian o uso das beirarrúas como zona de aparcamento
Por Redacción
A Asociación de Veciños Río Lérez denuncia que a beirarrúa esquerda da rúa Cruz Vermella, indo de Padre Amoedo cara a sede da Cruz Roja, esta sendo utilizada cada día como aparcadoiro de coches e camiòns-
Os veciños apuntan que as beirarrúas se están a deteriorar. Segundo apuntan, estas zonas foron arranxadas e se anularon aparcamentos na rúa para ampliar as beirarrúas. Nun escrito, Pilar Lavía afirma que "xa que nos están falando de recortes, non se entende que se malgasten os nosos impostos con obras coma esta sen sentido".
O concelleiro Luis Bará sinalaba, este mediodía, que a Policía local está a actuar neste sentido e que non é maioritario nin habitual. Nese sentido, apuntou que non se derivan moitos danos debido a estes estacionamentos.
Os veciños da asociación Río Lérez denuncian tamén o deterioro das beirarrúas, entre a rúa Portela Pazos e Álvaro Cunqueiro, ademais da presenza de ratas nesta contorna.