Activan un plan para ter un comercio seguro este Nadal
Por Redacción
A Policía Nacional activou, un ano máis, o Plan Comercio Seguro específico de Nadal, un dispositivo especial para garantir que as compras do Nadal se desenvolvan coas mínimas incidencias posibles que este martes chegou á praza de abastos da man do inspector Manuel Vázquez.
Acompañado de quen será previsiblemente o seu sucesor como delegado de Participación Cidadá da Comisaría de Pontevedra, Roberto Carrera, reuniuse cos representantes das asociacións de vendedores e comerciantes da zona para trasladarlles unha serie de consellos.
Manuel Vázquez explicou que a fase previa do plan activouse o pasado 1 de decembro e a fase de intensificación comezará o próximo día 18, todo co obxectivo de que clientes e comerciantes se sintan seguros na época do ano na que se concentra maior actividade comercial. Estará activo ata o próximo 8 de xaneiro.
Ademais de darlles unha pequena charla, o inspector da Policía Nacional entregoulles unha copia da guía Comercio Seguro, que inclúe consellos para previr os delitos máis comúns e sobre como deben actuar os comerciantes fronte a determinadas situacións ou feitos delituosos. Na súa conversación cos vendedores, Manuel Vázquez insistiu nas medidas de seguridade que é preciso intensificar no momento da distribución de produtos, pois hai moitos camións que acaban "desvalixados" cando distribúen o material.
O inspector non só trasladou os consellos, senón que tamén quixo tranquilizar asegurando que "tenemos la suerte de vivir en Pontevedra, una de la ciudades más seguras de España". A pesar de todo, pídelles que extremen as precaucións, pois "vale más un por si acaso que un ¡válgame Dios!".
Relacionadas:
-
Máis policías nas rúas comerciais para ter un Nadal seguro
Por Redacción |
-
Reforzo policial na rúa ata o 8 de xaneiro para un Nadal seguro
Por Redacción |
-
Un Nadal desde as alturas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Quince anos regalando artesanía
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Os praceiros fórmanse para previr roubos, que recoñecen que son "escasos"
Por Redacción |
-
"Vale más un por si acaso que un ¡Válgame Dios!"
Por Natalia Puga |